conciertonavidad2009Este año una vez más, la orquesta de saxos de Redondela, generosamente se brinda para dar un concierto en el cine Salesianos a beneficio de la Fundación Lusekelo: La fecha, viernes, 11 de diciembre, a las 20, 00

Allí os esperamos para disfrutar de esta orquesta tan original que siempre nos hace pasar un rato tan agradable con su música.

Para saber un poco más de este original grupo os ofrecemos los datos que nos facilita la propia orquesta:

Orquesta de saxos

A Orquestra nace hai 14 anos froito da inquietude pedagóxica da súa fundadora e directora Dª Elisa Arias Trigo.

Dende o principio o grupo está integrado por alumnos e alumnas do área de saxofón que cursan os seus estudios musicais no Conservatorio Profesional de Música de Redondela, Pontevedra.

Esta circunstancia, a de agrupar a todos os alumnos e alumnas independentemente da súa idade, ten como consecuencia que o grupo se forme por nenos e xóvenes con idades comprendidas entre os oito e os vintesete anos convertíndose nunha formación orixinal, tanto na súa composición como no seu espíritu formativo e didáctico

ConciertorDende o principio a Orquestra realiza numerosos concertos e actuacións por toda a xeografía galega, ampliándose máis tarde á estatal e internacional Merecen ser destacadas as actuacións para a Televisión de Galicia e para a Televisión Española, incluíndo actuacións en directo. Actúan así mesmo en directo para a Radio Galega (Santiago de Compostela), Radio Voz (Vigo) e en M80 con motivo da presentación dos seus traballos discográficos.

En setembro de 1997 participan como intérpretes no XI Congreso Mundial do Saxofón, onde son invitados pola organización como innovación pedagóxica. 

O Congreso celébrase na cidade de Valencia e reuniu a cerca de seis mil persoas entre intérpretes, congresistas e público, procedentes de todo o mundo e onde se celebraron máis de douscentos concertos e estrearon máis de cen obras compostas especialmente para saxofón, entre elas as presentadas pola propia Orquestra de Saxos

Destacan así mesmo as actuacións celebradas pola orquestra en Canarias, Oviedo e León, así como os seus concertos en Portugal, Holanda e Italia.

A Orqutra ten realizado colaboracións con grandes mestres de sona internacional como Pedro Iturralde, Walter Boeykens ou Jean Pennins entre outros.

O repertorio desta formación abarca todos os estilos musicais e autores, dende os grandes clásicos como Bach ou Mozart ós compositores de obras creadas orixinalmente para o grupo de saxos, pasando naturalmente pola música popular.

Nesta formación colabora así mesmo o músico,compositor, arranxista e intérprete José Pérez Arias, quen ademais de realizar arranxos e composicións para a agrupación actúa coa orquestra como pianista e trompeta solista ademais de actuar como productor na gravación dos dous traballos discográficos da formación “Sempre crescendo” e “Reswinngdondela”.

Recentemente realizaron unha xira en Holanda onde foron recibidos entre outros polo Embaixador Español en La Haya e actuaron na Universidade de Fontys (Tilburg).

El día 11 de diciembre será un día de esos que a uno le gusta guardar entre los buenos recuerdos.
Disfrutar de esta maravillosa orquesta colaborando con un hermoso proyecto para ayudar al desarrollo de la población de Kasempa, en Zambia. Merece la pena que puedas formar parte de la gente que pensamos que un pequeño gesto puedo conseguir cosas importantes.