Hemos recibido un correo urgente de José Manuel Bernárdez Gándara donde nos relata la historia de Imelda, una pequeña de 7 años, y solicita ayuda económica para poder pagar el tratamiento necesario.

Queridos amigos:

Saudos a todos desde Zambia. Unha vez máis teño que botar man da vosa xenerosidade, coido que paga a pena. En foto adxunta tedes a unha fermosa e moi aelgre nena: Imelda Mulenga, ten 7 anos. Pero ten algo máis: ten cáncer de ril. Afortunadamente por estes lares ainda o cáncer non está moi extendido, iso sí enfermidades non faltan. Por iso o caso de Imelda é raro. Me parece que en 7 anos que levo por aquí é a primeira vez que sei dun neno/a que ten cáncer.

ImeldaA Imelda xe lle sacaron un tumor, pero agora se lle reproduciu e está medrando cada día. A súa familia vive a 75 kms de Kasempa, na carretera que vai a Solwezi, o seu pai é policía. A nena tivo un tumor fai agora 4 meses,operárona en Solwezi (180 kms desde aquí) e todo parecía que quedara ben, pero non é así. Aquí este tipo de operacións hai que pagalas e son bastante caras. Os seus pais xuntaron diñeiro para pagar esa operación. Agora non teñen diñeiro para facer fronte a outra operación. Ademáis hai que levala a Lusaka (750 kms desde aquí). Alí hai un hospital en condicións e eles poden tratar a nena ben e salvarlle a vida.

Eu estiven o domingo con Imelda e os seus país, xa recibira a noticia de que a nena andaba outra vez con problemas. É fácil imaxinar que topei a unha familia desfeita e desconsolada, que se ven na absoluta impotencia para facer fronte aos gastos do tratamento: 200 euros por escaneala e diagnóstico e 600 para o tratamento (quimioterapia). Onte falei cun dos médicos do hospital de Lusaka (ten un irmán que é cura e é bo amigo meu) e me dixo que as posibilidades de que Imelda se cure son moi altas, pero hai que levala o antes posible. Cando onte estaba con eles no poboado ela sorrindo me decía: "Padre, comprame una monequa". E eu lle preguntaba para qué, e me respondeu: "para que cando em doia a ferida poida xogar con ela". Na foto veredes que é realmente unha nena encantadora.

Eu boto unha vez máis man da vosa xenosidade para ver se podemos salvar a vida desta nena, son 800 euros os que fan falta. Os que poidades botar unha man mo decides porque estamos xogando co tempo en contra.

Escribirme o antes posible e eu despois xa vos direi a maneira de mandar o diñeiro. Calqueira cantidade é boa. Penso que paga a pena facelo e por iso abuso da nosa amistade.


Un abrazo.