alertaEn su último comunicado José Manuel Bernárdez Gándara nos hace una llamamiento urgente, donde se solicita ayuda para poder complementar la alimentación que reciben un grupo de enfermos de sida, que están siendo sometidos a tratamiento médico y que precisan de una alimentación mas adecuada para poder soportar la medicación.

Nestes días estou visitanto aos enfermos que axudamos no programa de antención na casa. É un via crucis por adiantado. Unha experiencia desas que desgasta a tódolos niveis, é baixar ao abismo desta sociedade e deste mundo. En mín brotan sentimentos moi contrariados. Vexo como estas enfermidades parten vidas no momento máis dulce, vexo xente moi envellecida cando en realidade son ainda novos (teñen 50 anos e parece que teñen 75), vexo a traxedia dos orfos, vexo casas onde o cabeza de familia ten 16 anos, vexo o abandono ao que están sometidos e non son capaz de entender como en pleno século XXI se lle sigue dando a espalda a toda esta xente e se gasta máis en productos cosméticos que en investigar o SIDA, e crear vacunas para a malaria e a tuberculose. A mín estas cousas non me entran na cabeza, ainda que despois os medios de comunicación presentan como grandes avances o que non é máis que unha tomadura de pelo. E nesas estamos e parece que de ahí non saimos. Como vos decía, a visita a estos enfermos é contemplar un auténtico via crucis, ver ese mundo escondido, onde o o sufrimento é o pan de cada día.

Ademáis agora temos un problema engadido, e é máis grande do que eu esperaba. No programa atendemos a 125 enfermos nas súas casas, deles 57 empezaron a tomar antirretrovirais. Hasta aquí todo parece moi bonito, e así lles gusta as ONGs e governos para dicir canto están facendo e o ben que están traballando. O triste lado da historia é que estes medicamentos necesitan unha boa alimentación e dado que a nosa xente está mal ou moi mal alimentada, resulta que os medicamentos en lugar de axudar fan a cousa peor porque producenlle dores tremendos no corpo, e os enfermos están tentados a deixar de tomalos, ainda que os vaian a buscar ao hospital.

Polo tanto temos inmediatamente que reforzarlles a súa dieta, temos que compralles millo, feixóns e soia. Para millo xa me mandaron axuda, pero para feixóns e soia ainda non temos e ando buscando, porque é moito o que está en xogo, e non podemos deixar a xente así. Ademáis os voluntarios do programa están facendo un traballo moi bo, temos 32 voluntarios nos diversos poboados e a verdade é que velos traballar levanta o ánimo. Pero como vos dicía a situación que temos por diante é certamente preocupante.


Es posible colaborar con esta urgencia en nuestras cuentas bancarias:

CAIXANOVA 2080 013217 00000 76815

CAIXAGALICIA 2091 053603 30400 06469